O soño do título está tres puntos máis cerca

El Burela FSF celebra uno de los muchos triunfos conseguidos esta temporada. J.MªÁlvez
photo_camera El Burela FSF celebra uno de los muchos triunfos conseguidos esta temporada. J.MªÁlvez

O adestrador do Burela FSF Peixes Rubén, Javier Pardeiro, xa ten seis dos quince puntos que pedía para aspirar ao título. O técnico marcouse as cinco primeiras xornadas da segunda volta como unha vara de medir para os candidatos a gañar a liga e o triunfo na pista do Gironella, 0-1, sitúao como líder en solitario por vez primeira en toda a tempada.

O Navalcarnero non aguanta o ritmo das laranxas e non pasou do empate en casa ante o Móstoles, colocándose a dous puntos do conxunto mariñán.

Pardeiro recoñece que o equipo vive un estado de felicidade, «pero sen euforia», consciente de que o soño está tres puntos máis cerca, pero as dificultades que quedan para cumprilo son aínda moi elevadas. «Cada encontro é un trociño de campionato, pero hai equipos que veñen moi forte por detrás, sobre todo o Alcorcón e o Universidade de Alicante e penso que o Atlético de Madrid aínda segue sendo o favorito número un para gañar a Liga, aínda que agora mesmo non parece estar no seu mellor momento».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios