O Rácing de Ferrol fai sufrir ao Lugo

Un lance del partido (Foto: DIARIO DE FERROL)
photo_camera Un lance del partido (Foto: DIARIO DE FERROL)

O Club Deportivo Lugo segue invicto tras a disputa de catro partidos na presente pretemporada, logo de empatar este martes ante o Rácing de Ferrol, nun encontro amigable disputado na Malata.

O conxunto de Quique Setién atopouse cun conxunto departamental atrevido e con ganas de agradar aos seus incondicionais. Así, o Lugo non foi quen de demostrar a categoría superior que acredita ante un equipo local sen medo a estrelarse. De feito, foi o cadro verde o que volveu exhibir o aspecto que a pasada tempada levoulle a conseguir o ascenso a Segunda B.

é máis, os lucenses foron sempre a remolque. O local Manu Barreiro abriu o marcador no minuto 11, cun tiro cruzado ante o que nada puido facer Dani Mallo. O Lugo restableceu o equilibrio no minuto 23, por medio dun Enzo Rennella que se estreaba desta forma no seu debut como branquivermello.

Na segunda parte repetiuse a historia. Antonio adiantou aos locais no minuto 53, aproveitándose dun descoido da zaga lucense. E cando parecía que os ferroláns ían conseguir unha vitoria de prestixio ante un rival de superior categoría, chegou o tanto de Pedrosa no minuto 87, un gol espectacular obra, curiosamente, de quen substituíra ao autor do primeiro gol lucense.

A próxima cita do Lugo será en casa, este venres, ás 20.00, ante o Mallorca,  nun partido a beneficio do fútbol basee lucense.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios