O As Pontes logra a súa primeira vitoria como local e continúa invicto

O CD As Pontes puido por fin brindar unha vitoria á súa afección tras gañar por un axustado 2-1 ao Rápido de Bouzas, logrando así tamén a súa segunda vitoria consecutiva.

O resultado permite ademais ao cadro pontés manterse invicto aínda, tras a disputa de cinco xornadas, e na zona de promoción de ascenso a Segunda B. Actualmente ocupa a cuarta posición, empatado a once puntos cos tres primeiros clasificados: Boiro, Cerceda e Arousa.

O As Pontes afronta este fin de semana o difícil desprazamento ao Mundo do Fútbol de Abegondo, para medirse ao Deportivo B, que acaba de caerse da zona nobre da clasificación tras empatar na última xornada ante o Laracha. Aínda así, o filial branquiazul é sexto, a tan só un punto dos ponteses.

Comentarios