O Maristas 2004 conserva o liderado a pesar do acoso do Azkar Prone A

SalesianosBADE1901P66F3.JPG
photo_camera SalesianosBADE1901P66F3.JPG

O Maristas 2004, que conta con varios xogadores de referencia como o peche David, a á zurdo Nacho ou o pivote Hugo entre outros, suma todos os seus encontros por vitorias á espera de medirse ao Azkar Prone A liderado polo porteiro Igor nun duelo que se disputará de poder a poder, e do que seguramente sairá o campión de Liga.

O Lumieira Lugo e o Azkar Fundación pechan a clasificación á espera dalgúns partidos pendentes de celebrarse.

Na liga Benxamín 2, o Luís Pimentel A e o Casás A comparten o liderado, con 6 puntos, na competición na que os xogadores amarelos adestrados polo dúo formado por Brais García e David Arias é o equipo a bater.

Na liga Benxamín 3 a igualdade é a tónica dominante e ata un total de catro equipos sitúanse igualados á fronte da táboa. O Colexio A Ponte, o Divino Mestre, o Maristas 2003 e o Colexio A Milagrosa dirimirán unha bonita loita polo título.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios