O Lume imparte cátedra no torneo lucense de sófbol

ELP0705P49F2.JPG
photo_camera ELP0705P49F2.JPG

O Lume foi o gañador do Torneo lucense de sófbol dentro da categoría cadete disputado este pasado fin de semana no Germán López. O Maristas secundoulle no podio, e os Franciscanos foi o terceiro en discordia.

Os xogadores dos tres equipos participantes, Franciscanos, Maristas e Lume gozaron dunha xornada de sófbol na que a deportividade e a convivencia foron a nota máis destacable do campionato pleno de grandes xogadas e como non algún descoido, aínda que en xeral reinou o bo xogo en todos os enfrontamentos deste triangular.

Os Franciscanos, o equipo novato neste torneo, non acabou de situarse no campo e perdeu os dous encontros. Así as cousas, o Maristas, na súa liña de boa colocación, bo ataque, disciplina e seriedade bastáronlle para gañar o encontro contra os Franciscanos pero esta entrega non foi suficiente contra o Lume.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios