O Lugo aínda non presentou unha oferta por Isma

_PON9796.JPG
photo_camera _PON9796.JPG

O futuro de Isma López non parece estar ligado ao CD Lugo, polo menos non polo momento. O axente do futbolista navarro, Féliz Gende, negou que exista unha oferta formal do club branquivermello encima da súa mesa e admitiu que o extremo zurdo do Athlétic de Bilbao ten ofertas de moitos «clubs» e que, en caso de saír, «trataría de conseguir algo de Primeira División».

«Descoñezo que haxa un interese do Lugo por Isma, descoñézoo totalmente. Connosco non se puxo ninguén do Lugo en contacto polo xogador, polo menos comigo», afirmou Gende.

O nome de Isma López saíu á palestra nos últimos días, debido a que a súa situación no Athlétic podería levalo a saír do conxunto biscaíño. A falta de minutos a pasada tempada baixo as ordes de Marcelo Bielsa e o posible falta de interese polo xogador por parte do novo técnico dos bilbaínos, Ernesto Valverde, dispararon a rumorología sobre o regreso dun dos xogadores máis queridos pola afección do Ángel Carro nos últimos anos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios