O líder non dá concesións

Jugadoras naranjas celebrando un gol en el encuentro de ayer. (Foto: Antonio López)
photo_camera Jugadoras naranjas celebrando un gol en el encuentro de ayer. (Foto: Antonio López)

O Burela FSF Peixes Rubén amplía a cinco o seu número de vitorias consecutivas e continúa unha semana máis liderando a clasificación da Primeira División feminina de fútbol sala, compartindo o primeiro posto co Atlético de Madrid Navalcarnero, que tamén deu mostras de solvencia co seu triunfo por 1-6 na cancha do Cidade das Burgas. O Vallirana non foi rival para o equipo de Quico Otero, que tras o empate inicial fronte ao Soto del Real conta por triunfos todos os seus encontros no presente campionato.

Ademais dos tres puntos e da goleada, 7-0, houbo varias noticias de calado no seo do club laranxa, todas elas positivas. A primeira foi o regreso da brasileira Jozi, que disputou os seus primeiros minutos do campionato tras recuperarse da súa lesión, e tamén foi destacable o debut de Cris, que entrou no segundo tempo e que pode ser de gran axuda para ampliar a rotación laranxa no campionato ligueiro.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios