Marcos González, na Copa do Mundo de augas bravas

Este fin de semana comeza a tempada de descenso de augas bravas de piragüismo, coa primeira regata da Copa do Mundo e da Copa de España que se disputarán en Sort (Lleida), coa participación do padeeiro monfortino Marcos González, representando á provincia.

Logo da cerimonia de apertura celebrada na xornada de onte, hoxe Marcos González compite na proba de clásica individual sobre 7 quilómetros e mañá farao na proba de sprint individual sobre 600 metros.

Para o domingo está prevista a terceira proba, consistente na competición de sprint individual xa pertencente á Copa de España e na que o monfortino espera terminar entre os cinco primeiros. «Ao ser a primeira regata e destas dimensións é complicado facer un prognóstico», sinalou.

Comentarios