O fútbol recibe as súas cualificacións

ADE0502P4F1.JPG
photo_camera ADE0502P4F1.JPG

Os mellores xogadores e técnicos do fútbol base lucense xa teñen data para a súa homenaxe. A terceira edición da gala dos premios En Xogo premiará aos xogadores que foron unha clara referencia na tempada 2011-2012 o vindeiro martes 4 de xuño no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, a partir das 19.00 horas. Desta forma, o diario El Progreso volve pór énfase no talento que os novos futbolistas lucenses mostran sobre o céspede cada fin de semana.

Desde o primeiro suplemento deportivo En Xogo, en 1996, o diario El Progreso tata de distinguir o esforzo e a dedicación que realiza cada día cada un dos implicados no deporte local e nas categorías inferiores da provincia de Lugo.

Pero En Xogo non se centra tan só nun só deporte. Outras modalidades con peso na provincia, caso do voleibol, o baloncesto, o fútbol sala, o béisbol, o balonmán, o piragüismo ou a natación, entre outros, tamén teñen o seu calado nas páxinas que cada semana ven a luz con cada exemplar de El Progreso.

Ano tras ano, o crecemento do deporte lucense ha incrementado o seguimento e a dedicación que En Xogo outorga aos deportistas da provincia.

Co nacemento de cada tempada, as diversas competicións do deporte de base teñen a súa correspondencia nas páxinas de En Xogo, así como na sección de Deportes do diario de referencia de Lugo. Cada duelo, cada competición é o reflexo dos adestramentos, do esforzo e do éxito ou o fracaso dos miles de rapaces que pon a súa ilusión en cada campo da provincia.

A través das crónicas de cada enfrontamento e de cada deporte facilítalle ao lector un seguimento especializado de cada equipo e de cada xogador para manterse ao día dos novos valores.

A tempada bota o peche e é tempo de facer balance das emocións, esforzos e resultados obtidos desde setembro. O éxito dun título, a permanencia ou o ascenso fúndese coas decepcións en de as derrotas ou os descensos de categoría.

Notas

A primeira boa nota hai que darlla ao Club Deportivo Lugo en División de Honra xuvenil. A revolución no conxunto branquivermello comezou polo banco, no que Ramiro Amarelle substituíu a Miguel García con éxito. O técnico herculino deu paso a unha nova camada de futbolistas, entre os que destacaron os xuvenís de primeiro ano Keko, Pedrosa ou Xullo, quen chegou a ser convocado polo primeiro equipo en Segunda División. O equipo non notou esta falta de experiencia e salvouse con folgura.

Na mesma categoría xuvenil, tamén destacaron o bo papel do Calasancio, que acabou décimo en Nacional, e, sobre todo, da Residencia, que ascendeu a esa categoría ao quedar segundo na liga Galega con varias xornadas de antelación.

Na categoría cadete, o cambio de xeración foi ben manexada por Antonio Gómez desde o banco e o conxunto da ribeira do Miño finalizou quinto a pesar das súas novidades no persoal.

Peores noticias chegan desde os infantís, xa que a Residencia xogará en Provincial a tempada que vén e o Milagrosa e o Foz xogaranse entre eles a súa continuidade en Liga Galega.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios