O Fendetestas confirma a súa eliminación tras reiniciarse a semifinal

Tras unha semana de reclamacións e pendente da resolución do comité de competición, o CR Fendetestas certificou este sábado a súa eliminación na semifinal polo título de Segunda Territorial tras disputarse os 16 minutos que faltaban despois de que o partido contra o Zalaeta da Coruña fose suspendido no minuto 64.

Por aquel entón, o marcador reflectía un 5-9 a favor dos coruñeses, un resultado que se mantivo tras completar o partido, certificando así o pase á final do Zalaeta.

Con respecto á acta do primeiro encontro, o xuíz único de competición acordou sancionar con cinco partidos -tres por recibir un cartón vermello e outros dous por sendas faltas leves- ao xogador pontés Xose Cendán e con dous meses ao seu compañeiro Antonio Gómez por unha falta grave tras a súa expulsión con cartón vermello, a cal orixinou a suspensión.

Comentarios