O Ensino ponse nas mans de Nécega, técnico do filial

O adestrador mariñán leva seis anos na estrutura do club e nos dous últimos alcanzou a fase de ascenso
Juan Nécega, dirigiendo un partido del Durán Maquinaria Lourenzá
photo_camera Juan Nécega, dirigiendo un partido del Durán Maquinaria Lourenzá

Juan Nécega adestrará a próxima tempada ao Durán Maquinaria Ensino de Liga Feminina 2 despois de que a xunta directiva chegase a un acordo e confiase nel tras de seis anos de máximo compromiso co club e as súas categorías inferiores. "É un técnico de culto, e a súa fidelidade e implicación están fóra de toda dúbida", sinalaron desde o club.

O técnico mariñán dá o salto ao primeiro equipo logo de adestrar nos dous últimos anos ao Durán Maquinaria Lourenzá, de Primeira División Nacional, co que alcanzou a fase de ascenso en cada unha das dúas tempadas. Ademais, compatibilizou a responsabilidade deste equipo coa formación en categorías inferiores, xa que nos últimos anos adestrou tamén a equipos de categoría cadete e junior.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios