O Ensino arrinca a pretemporada cunha vitoria

Un lance del partido, en foto tomada de la <a href='https://twitter.com/PortaXIEnsino'>cuenta de Twitter del Ensino</a>
photo_camera Un lance del partido, en foto tomada de la cuenta de Twitter del Ensino

O Durán Maquinaria Ensino iniciou a súa pretemporada cunha vitoria, ao imporse ao Pabellón de Ourense este sábado por 78-53. O partido, disputado en Allariz, corresponde á primeira xornada da Copa Galicia sénior feminina, que se xoga en varias canchas galegas entre esta semana e a próxima.

Os dous equipos evidenciaron a lóxica falta de rodaxe, aínda que o Ensino mostrouse máis contundente e consistente que o cadro ourensán. Decisivo foi o segundo cuarto, cando as lucenses se sacudiron a presión rival, apertaron e explotaron as debilidades defensivas do Pabellón.

Foi importante a achega de Kendra Suttles, a última fichaxe lucense, aínda que non formou no quinteto inicial. A máxima anotadora do Ensino, equipo que non gaña a Copa Galicia desde 2006, foi Tamara Montero, con 19 puntos, un máis que a máxima anotadora rival, Meritxel Bellido.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios