O derbi entre o Coruña e o Breogán será o día 6

A Federación Española de Baloncesto autorizou o cambio de data e hora do encontro, que se traslada ao festivo para facilitar a asistencia
Un lance de un Coruña-Breogán
photo_camera Un lance de un Coruña-Breogán

O derbi galego entre o Cafés Candelas Breogán e o Leyma Coruña celebrarase finalmente o festivo día 6 en lugar do martes 29 de novembro para facilitar a afluencia de público. A Federación Española de Baloncesto autorizou o cambio de data e hora do encontro da xornada 12 da liga LEB Ouro, que agora terá lugar o Día da Constitución no mesmo escenario e á mesma hora: as 12.30.

Así o confirmaron ambos os clubs a través da súa conta de twitter e a súa páxina web. A decisión busca "facilitar a asistencia ao derbi tanto para os afeccionados do equipo celeste como para a marea laranxa".  As entradas sairán á venda aos prezos habituais de liga regular, é dicir, 10 euros para adulto e 5 euros a entrada infantil para menores de 18 anos.

Comentarios