O Cidade de Lugo Fluvial alcanza sete medallas no Galego

O Cidade de Lugo Fluvial conquistou un total de sete medallas no campionato de Galicia de dúatlon, que se disputou o pasado fin de semana.

No aspecto individual e as probas absolutas destacou a vitoria de Aida Valiño e o subcampionato de Gustavo Rodríguez. Ademais, a tamén integrante do club lucense Bea Tenreiro foi segunda, Belén Lemat foi a mellor na categoría de veteranos 1 e Alexis Rodríguez tamén gañou na súa categoría, aínda que non puntuaba para o campionato galego.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios