O CD Lugo axudará a cumprir o soño dun mozo

La emisión de 'Entre todos'
photo_camera La emisión de 'Entre todos'

O presidente do CD Lugo, José Bouso, ofreceu a axuda do club no programa 'Entre todos', de TVE, no que se comprometeu a pagar o curso de técnico a un mozo cuxo soño é ser adestrador profesional.

O mozo, Nilo Pinto, acudiu a este espazo, que presenta nas sobremesas da 1 Toñi Moreno, porque quere ser adestrador e tamén desexa montar un bar para axudar á súa familia, que pasa unha situación económica apurada.

Bouso chamou ao programa para anunciar ao programa que no club están "dispostos" a axudar a Nilo "porque llo merece e vaino a loitar". O presidente do CD Lugo recomendou ao mozo que "nunca" baixe "os brazos" e que teña "ánimo e forza", que non se afunda". "A vida é moi bonita, unha loita intensa. O importante é ter saúde; o resto conséguese", indicou.

O presidente anunciou que o club regalará a Nilo a matrícula do curso de adestrador. 

Comentarios