O CB Burela loce máis xogo que resultados

Mar Fernández intenta anotar en un partido del CB Burela. Foto: AMA
photo_camera Mar Fernández intenta anotar en un partido del CB Burela. Foto: AMA

O CB Burela continúa competindo a gran nivel na súa tempada do trinque na Primeira Autonómica feminina de baloncesto, aínda que os resultados non acaban de ser acordes coa súa imaxe. A escuadra que adestra Rubal leva un triunfo e tres derrotas, todas elas por escasa marxe, en catro xornadas, e ocupa a penúltima praza, aínda que as sensacións son moito mellores do que indica a clasificación. A última derrota chegou o pasado domingo, na cancha do Pío XII, un equipo co que estaba igualado na táboa, e que necesitou dunha prórroga para superar a resistencia mariñá. As burelás tiveron opcións moi claras de gañar e incluso dispuxeron dunha posesión para desnivelar a balanza no tempo regulamentario, pero non acertaron coa canastra contraria e o partido concluíu 59-59. A prórroga tamén resultou moi emocionante e as de Rubal gozaron ata catro puntos de vantaxe ao comezo, 59-63, pero o cansazo e a ausencia de xogadoras determinantes, expulsadas por faltas, acabaron por decantar o duelo ao lado local, 70-65.

O técnico do conxunto mariñán se

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios