O CB Burela gañou ao María Pita e xogarase o ascenso lonxe da Vista Alegre

O CB Burela Pescados Rubén deu un paso máis na loita polo título de Segunda División autonómica e polo ascenso a Primeira, ao vencer por 77-53 ao María Pita, cuarto clasificado, no pavillón Vista Alegre. As mariñás completaron un gran encontro, sobre todo na primeira metade, na que foron capaces de anotar 45 puntos.

O encontro comezou marcado pola igualdade e o intercambio de canastras. As coruñesas baseaban o seu xogo en meter balóns aos seus pivots, mentres que o equipo de Rubal apostaba por transicións rápidas e penetracións. Aos poucos, o cadro local foi collendo as súas primeiras rendas grazas ao acerto exterior de Míriam e ás entradas a canastra de Marta, ben apoiadas polo xogo interior de Carla e Mar. Con 21-12 chegouse ao final do primeiro cuarto.

Clasificación
Equipo PG PP
1. CB Burela 14 3
2. Área 10 14 3
3. Santa María 13 4
4. Pulpalia 12 4
5. María Pita 11 6
6. CB Sarria 10 7
7. Cambre 7 10
8. Costa da Morte 6 12
9. CB do Lea 4 14
10. Adfro 3 14
11. CB Laracha 0 17

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios