O Burela FS logra un punto ante o Talavera que sabe a moi pouco

Diego Pernas controla el balón en presencia de Chispa (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Diego Pernas controla el balón en presencia de Chispa (Foto: José Mª Álvez)

O Burela FS mostrou este sábado as dúas caras do deporte na súa casa, ensinando un auténtico espectáculo na primeira parte que lle permitiu irse 3 a 1 ao descanso, e encaixando por pura mala sorte un 3 a 3 final que, aínda que lle vale un punto ante un rival dos máis fortes da categoría, sabe a derrota porque tivo o partido nas súas mans.

O equipo mariñán dominou o partido de principio a fin, chegando a raiar na perfección na primeira parte tanto en ataque, con moita mobilidade, como en defensa, con continuos roubos de balón. Só cabe porlles o pero da falta de definición que lles impediu irse cun 5 a 1 no tempo de descanso.

Apertado pola necesidade, o Talavera saíu algo máis enchufado na segunda metade, pero apenas creou perigo e só a sorte concedeulle o punto que leva.

Ao principio, o Burela mandaba con comodidade e estrelou algúns balóns no pau que ao final pagaría moi caros. Cazuza foi o encargado de dar a volta ao partido que comezou gañando o Talavera, con dúas dianas case consecutivas.

Ao final, co porteiro como xogador, o Talavera logrou o 3 a 2 e nunha xogada desafortunada para o Burela e moi embarullada, conseguiu empatar a falta de 30 segundos para o final.

Goles:
0-1, minuto 1: Chispa.
1-1, minuto 9: Gordillo.
2-1, minuto 17: Cazuza.
3-1, minuto 19: Cazuza.
3-2, minuto 38: Nando.
3-3, minuto 39: Ventas.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios