O Burela FS se desangra lonxe da Vista Alegre

Mimi pelea con un jugador del Azkar durante el partido disputado el viernes en Lugo. Senande
photo_camera Mimi pelea con un jugador del Azkar durante el partido disputado el viernes en Lugo. Senande

A visita a Lugo tampouco serviu ao Burela FS para estrear a súa marcadora de vitorias na máxima categoría. O Azkar foi máis efectivo que o equipo laranxa e impúxose por 2-0 ante un equipo que baixa notablemente o seu rendemento fóra de casa, onde non puido sumar aínda ningún punto.

Os números como visitante do equipo que adestra Xullo Delgado comezan a ser máis que preocupantes, con seis derrotas noutros tantos encontros e unhas cifras de oito goles a favor, o segundo que menos anota, tras o Puertollano, que leva seis, e de 34 tantos encaixados, o que máis recibe. A súa diferenza de goles lonxe da Vista Alegre, -26 contrasta cos -6 que leva xogando como local, que é unha cifra moito máis aceptable.

A única lectura positiva da traxectoria do Burela FS, ademais da súa competitividade en casa, é o feito de que aínda hai tres equipos que non están lonxe dos mariñáns na clasificación, a menos de dous encontros. O único que está a tiro é o Gáldar, que ten cinco puntos, mentres que o Manacor suma seis, e o Puertollano, sete. Máis lonxe queda xa o Azkar Lugo, que está oito puntos por encima dos laranxas logo de gañarlle no duelo directo do fin de semana.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios