O Burela FS pode con todo

BuyeManza_JML4997.JPG
photo_camera BuyeManza_JML4997.JPG

O Burela FS mantén vivo o seu soño do ascenso á Primeira División de fútbol sala tras eliminar este venres ao Manzanares nun partido que acabou igualado (2-2) no tempo regulamentario e que se decidiu na quenda de penaltis, logo de non moverse o marcador na prórroga. Os mariñáns, que xa gañaran o primeiro partido da eliminatoria no pavillón de Vista Alegre, sentenciaron así a clasificación pola vía rápida e sen ter que esperar ao terceiro e definitivo encontro.

O conxunto que adestra Xullo Delgado viuse dúas veces por baixo no marcador e tanto na primeira metade como na segunda metade foi capaz de neutralizar esa diferenza nos instantes finais.

Abriu o marcador Kike, aos 7 minutos, e André igualou case ao fío do descanso. A cinco minutos para o final do encontro, Kiki adiantou aos locais co segundo tanto e entón o Burela lanzouse a por o empate e conseguiuno cando apenas restaba un minuto para a conclusión do choque.

Tras unha prórroga sen goles, chegouse aos penaltis, e aí nin un só dos cinco xogadores do Burela FS fallou. En cambio, si o fixo o local Juanillo.

Os laranxas enfrontaranse na segunda fase do play off ao vencedor da eliminatoria entre o Fuconsa Xaén e a Sala 5 Martorell.

Comentarios