O Breogán xógase o ser ou non ser este martes

O equipo lucense afronta na Coruña ás 21 horas (en directo por esta web) o quinto e definitivo partido do seu play off co Leyma
Partido entre el Breogán y el Leyma Coruña
photo_camera Partido entre el Breogán y el Leyma Coruña

Cafés Candelas Breogán e Leyma Coruña xóganse ás nove da noite deste martes no Palacio dos Deportes da cidade herculina o seu pase a semifinais do play off de ascenso á Liga ACB.

Tras catro encontros e un empate a dous, este día 3 de maio desfarase a igualada. O conxunto que adestra Quique Fraga espera dar continuidade á melloría experimentada o domingo en Lugo, onde se impuxo no mesmo escenario no que 48 horas antes caera por un só punto.

A eliminatoria co equipo que adestra o exbreoganista Tito Díaz está a resultar moi igualada. Tanto, que o partido no que houbo unha maior diferenza foi precisamente o último, con 90-83 a favor dos de Lugo.

Comentarios