O Breogán paga 10 minutos infames

Un lance del partido (Foto: LUIS LÓPEZ ARALCO / DIARIO DE BURGOS)
photo_camera Un lance del partido (Foto: LUIS LÓPEZ ARALCO / DIARIO DE BURGOS)

Un terceiro cuarto desastroso fixo que o Breogán sufrise unha contundente derrota na cancha do Burgos (89-76), co que os lucenses acumulan tres derrotas consecutivas.

No inicio, os locais fóronse no marcador pronto, pero o cadro de Lisardo Gómez soubo replicar e manter a diferenza no marcador en baixos algarismos. De feito, ao descanso a vantaxe para o Burgos era de só dous puntos (38-36).

Pero no terceiro cuarto chegou o desastre breoganista: ata doce puntos de vantaxe obtiveron os burgaleses. Tras este desastroso terceiro cuarto, xa pouco puideron facer os lucenses no cuarto, que foi, no entanto, moi agradable de ver (os dous equipos sumaron 59 puntos nese parcial).

Diouf foi o máis destacado dos lucenses, con 12 puntos encestados e 21 de valoración, lonxe dos 16 e 29, respectivamente, do local Josep Ortega.

As aspiracións do Breogán quedan á espera do que faga este sábado o Oviedo, equipo que suma, como os lucenses e o Básquet Coruña, once vitorias. Cos resultados deste venres, empézase a abrir unha brecha entre ese grupo e os tres primeiros clasificados: Andorra, con quince vitorias; Palencia, con catorce, e, precisamente, Burgos, con trece.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios