Agónico triunfo do Azkar en Talavera

Un lance del partido. LNFS
photo_camera Un lance del partido. LNFS

O Azkar Lugo logrou este venres unha desas vitorias que rearman, ao imporse (3-4) na cancha dun OID Talavera que levaba vantaxe no marcador a falta de dezaseis segundos para o final deste partido da xornada 24 da Primeira División do fútbol sala español.

A vitoria é importante non só pola forma agónica en que se produciu, a diferenza do ocorrido a semana pasada, senón tamén porque os lucenses sempre foron a remolque. E tamén é importante porque con este triunfo o Azkar colle ánimos para o importantísimo partido da próxima xornada, cando os lucenses recibirán ao Marfil Santa Coloma, equipo que lle precede na clasificación: unha vitoria (sempre que o Santa Coloma non venza este sábado en Puertollano) podería deixar ao Azkar fóra da zona de descenso ou de promoción; esta última é a que ocupa agora.

En canto ao partido en si, foi realmente intenso. Os locais adiantáronse no minuto 5 e Nando igualou dous despois. O OID Talavera chegou a porse (minuto 22) 3-1, pero nese momento fixo a súa aparición o recuperado Ossorio, que marcou no minuto 27 (3-2) e a falta de 15 segundos (3-3). Aranburu, de falta cando faltaban tres segundos para o final, pechou o 3-4 definitivo.

Comentarios