Eduardo Igrexas presenta en San Marcos a moto coa que irá ao Dakar

Será a segunda experiencia do monfortino en próbaa grazas ao patrocinio da Deputación
photo_camera Será a segunda experiencia do monfortino en próbaa grazas ao patrocinio da Deputación. VÍDEO VITORIA RODRÍGUEZ

O monfortino Eduardo Iglesias repite do 3 ao 15 de xaneiro a súa participación no Rally Dakar, unha proba que conseguiu finalizar o pasado ano entre os 100 primeiros na categoría de motos. 

Este ano, a Deputación de Lugo volve patrocinar a expedición do piloto lugués cunha axuda de 12.000 euros. Así, a marca do ente provincial lucirá na moto KTM 450 que o monfortino conducirá nos desertos de Arabia Saudita.

O presidente da deputación, José Tomé, compareceu este xoves acompañado por Eduardo Igrexas na entrada do Pazo provincial, onde, en declaracións aos medios, mostrou o seu orgullo por que o monfortino pasee o nome de Lugo polo mundo.

"é unha honra para o conxunto da provincia que un veciño de Monforte leve por segundo ano consecutivo o nome de Lugo no Rally Dakar, unha das probas deportivas con maior proxección a nivel mundial", destacou Tomei. 

O presidente lugués e alcalde de Monforte apuntou na importancia de que o nome da Deputación de Lugo estea presente nunha proba que chega "a preto de 200 países e cinco millóns de espectadores" na retransmisión de cada etapa, que ten un impacto en Internet de 54 "millóns de visitas". 

Pola súa banda, o piloto Eduardo Igrexas agradeceu o apoio da Deputación, á vez que mostraba o seu orgullo por levar "outra vez o nome da provincia e da Deputación de Lugo" no Dakar. 

"Espero deixar o pavillón alto, como o ano pasado, incluso mellorar ese posto aínda que o reto volve ser o mesmo de poder acabar", sinalou Igrexas. 

Comentarios