Dúas pratas para Cuba e Díaz en Madrid

Os loitadores vilalbeses subíronse ao podio no Campionato Internacional do Mediterráneo

Os vilalbeses José Cuba e Roberto Díaz lograron este fin de semana sendas medallas de prata nas súas respectivas categorías no Campionato Internacional do Mediterráneo, celebrado en Madrid e ao que acudiron convocados pola selección española.

José Cuba logrou o segundo posto en libre olímpica sénior en 125 quilos logo de gañar na primeira rolda ao portugués Joao Mimoso e en semifinais ao grego Aris Theodoroudis. Con todo, caeu na final ante o bronce mundialista, o grego Ioannis Arzoumanidis.

Para o veterano loitador vilalbés, esta cita, coñecida tamén como Xogos do Mediterráneo, nos que participan os mellores deportistas dos países desta zona, foi unha boa proba para valorar a súa preparación de face aos próximos mundiais de setembro, que se celebrarán nas Veigas e que son a primeira proba clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Río de 2016.

Tamén foi moi meritoria a segunda posición lograda polo mozo deportistas Roberto Díaz Orosa, que competiu en libre olímpica cadete en 50 quilos, conseguindo o seu primeiro podio nunha competición de carácter internacional. O vilalbés venceu a Jonathan García, pero perdeu na final ante o actual campión de España, o vasco Óscar Izaguirre.

Comentarios