Dobre celebración de plantel e directiva do Río Breogán

Xogadores, técnicos e dirixentes compartiron mesa e mantel para festexar o ascenso e o San Froilán
Comida del Breogán. RIO BREOGÁN
photo_camera Comida del Breogán. RIO BREOGÁN

O Río Breogán estivo este mércores de celebración dobre no Restaurante Terra, no Ceao. Por unha banda, a comida serviu para festexar o ascenso á Liga ACB logrado a pasada campaña, que se tivo que aprazar por culpa da pandemia. Por outra, a reunión coincide coas festas de San Froilán e, como non podía ser doutra forma, xogadores, directiva e equipo técnico gozaron dun "exquisito" polbo á feira.

O bo ambiente reinou durante a comida, nun momento doce para o conxunto lucense. A Ceo de Río, Carmen Lence, e o máximo mandatario do Breogán, José Antonio Caneda, presidiron o tradicional brinde.

Brindis de la directiva. EP

Pulpo

Comentarios