78-91. O Breogán imponse con contundencia ao Cáceres

O Leche Río colleu a dianteira no encontro desde o salto inicial e mantivo en todo momento a vantaxe no marcador
Sergi Quintela. ÁREA 11
photo_camera Sergi Quintela. ÁREA 11

O Leite Río Breogán impúxose de forma contundente sen dar marxe á sorpresa ante un irregular Cáceres que nunca chegou a inquietar seriamente aos lucenses. O equipo de Diego Epifanio foi sempre por diante e a pesar de baixar o ton nalgúns momentos mandou con autoridade grazas sobre todo a un Sergi Quintela pletórico e que non permitiu que o seu equipo se descompuxese cando tivo algún bajón.

Dúas canastras de Sollazzo déronlle impulso ao Breogán nuns primeiros minutos frenéticos de xogo ofensivo e onde cada ataque era case unha canastra. O equipo lucense xogaba con soltura fronte a un Cáceres activo e difícil de defender. Un Sergi Quintela inspirado daba ao cadro celeste cinco puntos de vantaxe e Mo Soluade despois resolvía un contraataque para anotar de tres tras un roubo do propio Sergi Quintela e unha vantaxe (9-17) que obrigou a pedir tempo ao técnico local.

Entrou Eric Quintela polo seu irmán mentres Kacinas aparecía desde o triplo e aumentaba a diferenza a dez puntos (10-20). O Breogán marcaba distancias ante un Cáceres que puña de manifesto o por que é o equipo que menos anota da liga.

Berg arrincaba un 2+1 nunha xogada persoal e cargaba a Rivas coa súa segunda falta. Ahonen tamén acertaba no seu primeiro triplo e o equipo lucense aumentaba a distancia. Kacinas seguía co festival desde 6,75 anotando o seis de oito desde esa distancia e con esa porcentaxe o Cáceres tíñao moi difícil. Adam Sollazzo, con todo, non atopou aro noutro intento afastado e Epifanio decidía xogar con tres pequenos nos últimos trinta segundos, onde Sollazzo repúxose do seu erro cunha bandexa na que se deslizou entre a defensa estremeña para acabar o primeiro acto cunha substanciosa vantaxe.

► A CRÓNICA COMPLETA , NA EDICIÓN IMPRESA DESTE SÁBADO â??â??

Comentarios