Diego Epifanio non continuará no banco do Río Breogán

O club anunciou nun comunicado que buscan "un perfil de equipo totalmente diferente"
El entrenador del Breogán, Diego Epifanio, durante un partido disputado en el Pazo la pasada campaña. SEBAS SENANDE
photo_camera Diego Epifanio. SEBAS SENANDE

Diego Epifanio non continuará como adestrador do Río Breogán. O club lucense anunciou este martes que o técnico, inquilino do banco celeste as dúas últimas tempadas, nou seguirá a próxima tempada. 

O club emitiu un comunicado de agradecemento ao adestrador artífice do ascenso, no que se explican tamén os motivos polos cales o Consello de Administración tomou a decisión de prescindir dos servizos de Epifanio. 

A directiva asegura que Epifanio era "adestrador adecuado" para intentar lograr o ascenso á ACB, pero consideran que non é o idóneo para a nova andaina na máxima categoría. 

"Agora imos comezar un novo proxecto nunha nova categoría e cun perfil de equipo totalmente diferente. Miramos cara adiante e, en todo caso, queremos agradecer a Epi ou seu traballo e dedicación durante as dúas tempadas que pasou connosco, sendo parte do tan esperado ascenso e desexarlle a mellor dás sortes non seu futuro persoal e profesional", afirman no comunicado. 

Comentarios