Dez socios do Breogán poderán acompañar a un xogador do persoal na súa rutina

A funeraría Serfuja será a encargada de desenvolver o sorteo, que se executará o 2 de maio

photo_camera Xogadores do Breogán participan nun acto promocional.SEBAS SENANDE

Dez socios dos Cafés Candelas Breogán e dez acompañantes que eles elixan, compartirán a rutina diaria dos seus xogadores nunha iniciativa que puxo en marcha o club da man dun dos seus patrocinadores.

A campaña, que conta co respaldo de Serfuja, ten como obxectivo que os afeccionados pasen unhas horas cos xogadores no vestiario, salgan a pista e incluso participen na sesión de adestramento ás ordes do corpo técnico.

Os dez socios que participen nesta iniciativa serán elixidos por sorteo e deben inscribirse na web do patrocinador

"O maior activo do Breogán é a afección e queremos darlle protagonismo para que poidan establecer unha relación cos propios xogadores", indicou o xerente da funeraria que patrocina ao Breogán.

A iniciativa social e deportiva Proam, como foi bautizada, desenvolverase o xoves 2 de maio.

Comentarios