Martes. 18.06.2019 |
El tiempo
Martes. 18.06.2019
El tiempo

Deteñen un incha do Dépor por abusos sexuais a outra afeccionada no Ángel Carro

Afeccionados do Dépor no Ángel Carro. XESÚS PONTE
Afeccionados do Dépor no Ángel Carro. XESÚS PONTE

A vítima denunciou aos antidisturbios que o home estaba a facerlle tocamentos de forma continuada

A Policía Nacional detivo no estadio Ángel Carro a un afeccionado do Deportivo por abusos sexuais, tras denunciar unha muller aos axentes antidisturbios que o home lle estaba facendo tocamentos de forma continuada. A vítima era, como o seu suposto agresor, afeccionada do conxunto coruñés.

Os feitos producíronse na bancada reservada para o equipo visitante durante o partido disputado entre Lugo e o Deportivo, que acabou con vitoria local por 1-0. A Policía, tras deter ao home, trasladouno a Comisaría.

Deteñen un incha do Dépor por abusos sexuais a outra afeccionada no...