Unha derrota moi amarga

O Lugo, que xa prepara a visita do Raio Majadahonda do sábado, controlou ben ao Barça B pero un gol en propia e un posible penalti no desconto evitaron que puntuase a domicilio
Thiago Ojeda sortea una entrada de Marc Bernal en el partido ante el Barcelona B. ADG MEDIA
photo_camera Thiago Ojeda sortea una entrada de Marc Bernal en el partido ante el Barcelona B. ADG MEDIA

O propio Thiago Ojeda recoñeceu na rolda de prensa postpartido ante o Barcelona B que o Lugo<> non mereceu o triunfo, pero tampouco un equipo azulgrana que se atopou os tres puntos no Johan Cruyff grazas a unha xogada desafortunada de strong<> Andrés Castrín. O gol en propia do canteirán botou por terra o que foi unha decente actuación defensiva do Lugo, que visitou ao segundo clasificado consciente da súa inferioridade e estivo dentro do partido ata que o defensa do Lugo decantou a balanza.

A sensación do equipo é que o seu rendemento non é para encadear catro derrotas consecutivas. é certo que as dúas últimas chegan ante as dúas filiais máis potentes da competición, pero tamén o é que o Lugo soubo sufrir no estadio Johan Cruyff e que, incluso, malgastou unha oportunidade moi clara no primeiro tempo por medio de Willy Ledesma, o seu máximo goleador nesta campaña.

Con todo, outro feito incontestable é que o equipo que dirixe Roberto Trashorras apenas inquietou a portería defendida por strong <>Astralaga, que tivo o pasado domingo unha das súas tardes máis plácidas do curso, e que só pisou a área rival grazas a un erro de strong <>Mikayil Faye e a través de centros laterais que non atoparon rematador.

O Lugo dedicouse a traballar no defensivo, a tapar todos os camiños e corredores interiores ao Barcelona B, e a ser solidario nos esforzos. Só así entendeu Trashorras que podería puntuar no estadio da filial azulgrana. Os seus xogadores interpretaron ben o partido, e aínda que non tiveron a actitude ofensiva necesaria para incomodar ao Barcelona B en defensa, si lograron permanecer vivos nun partido no que, sobre o papel, o equipo de strong <>Rafa Márquez partía como claramente favorito.

A derriba de strong <>Olmedo a Aranda no desconto do partido tampouco axudou na análise final do partido. O Lugo considera que foi prexudicado, e así o expresaron o propio Trashorras en rolda de prensa -"o penalti a Aranda é clarísimo"- e os xogadores que falaron cos medios cando finalizou o encontro. O equipo branquivermello regresou a Lugo con sensación de inxustiza e de que mereceu mellor premio ante un dos mellores anfitrións da categoría.

Cinco finais

A visita do Raio Majadahonda este sábado (18.00) ao Anxo Carro é a primeira das cinco finais que encara o Lugo ata o final da competición. Con tres puntos sobre o descenso a falta de 15 por disputarse, os de strong <>Trashorras só poden pensar nos tres puntos se non queren afrontar as últimas catro citas co medo no corpo.

O Majadahonda ocupa actualmente a última praza da clasificación, con 25 puntos nas 33 xornadas disputadas e co seu descenso practicamente certificado de xeito matemático.

Comentarios