5-1. O Pescados Rubén segue último ao perder en Córdoba

Os mariñáns encaixaron dous goles seguidos entre os minutos 6 e 7
 
Pope disputa un balón. CÓRDOBA FUTSAL
photo_camera Pope disputa un balón. CÓRDOBA FUTSAL

O Pescados Rubén Burela FS sufriu este martes un serio revés nas súas aspiracións de permanencia en Primeira División ao perder na pista do Córdoba, un rival directo, por 5-1. Os mariñáns seguen unha semana máis como pechacancelas e pecharán a primeira volta o vindeiro sábado en casa ante o Jimbee Roldán (Vista Alegre, 18.30 horas) coa intención de sacarse a espiña da derrota sufrida na cidade andaluza.

O primeiro tempo do Pescados Rubén foi horroroso para os seus intereses. Os mariñáns foron superados por un Córdoba máis agresivo e convencido das súas posibilidades. Así, pasoulles por encima para chegar ao descanso cun 3-0, que resultou determinante no desenlace do partido.

Aínda que os burelenses reaccionaron tras o descanso, o Córdoba resistiu o acoso laranxa.

►A crónica completa do partido, na edición impresa deste mércores de El Progreso

FICHA TÉCNICA
5 - Córdoba Patrimonio: Cristian Ramos, Jesús Rodríguez, Manu Leal, César Velasco, Koseki —quinteto inicial—. Tamén xogaron Lolo Jarque, Zequi, Pablo del Moral, Daniel Giasson, Javi Sánchez, Cristian e Gonzalo.

1 - Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Matamoros, Álex Diz, Joselito —quinteto inicial—. Tamén xogaron Renato, Pope, Juanfran, Everton, Luisma,  Vargas e Pitero.

Goles: 1-0, m.6, César Velasco; 2-0, m.7, Manu Leal;3-0, m.16, Zequi; 3-1, m.21, Luisma; 4-1, m.38, Cristian Ramos; 5-1, m.39, Zequi

Árbitros: Mostraron cartóns amarelos aos locais Zequi,  e aos visitnates Luisma e Juanfran.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios