De camiño a Río 2016

O loitador vilalbés José Cuba prepara na cidade estadounidense de Las Vegas o mundial de loita olímpica, unha proba que será clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Brasil. A décimo cuarta edición desta convención internacional contou coa presenza e o saber de mestres de Corea ou Filipinas
José Cuba, en Las Vegas.
photo_camera José Cuba, en Las Vegas.

O loitador vilalbés José Cuba, un dos deportistas chairegos máis laureados de todos os tempos e de todas as disciplinas, está concentrado na cidade estadounidense de Las Vegas para ultimar a súa preparación de face á que será a súa participación no Mundial sénior, que se celebrará ao longo desta semana en Estados Unidos.

Cuba viaxou a Nevada hai xa uns días xunto ao resto dos integrantes da selección española de loita olímpica. Alí permanecerá ata este sábado, día 12, momento no que intentará buscar unha praza para os próximos Xogos Olímpicos de Río en 2016.

Non será fácil alcanzar esa ansiada clasificación. O loitador chairego non se atopa a pleno rendemento, a pesar diso, antes de facer a maleta e coller o avión, mostrouse moi animado e ilusionado coa idea de poder situarse entre os primeiros clasificados.

No caso de non conseguilo, haberá máis oportunidades para logralo ao longo deste 2015 e do próximo ano. Por iso, o deportista vilalbés ten previsto seguir adestrando duro nas instalacións do seu club de toda a vida, tal e como xa o estivo facendo nas últimas semanas, logo de estar parado durante practicamente un ano para poder incorporarse á academia de Policía.

De feito, afrontará o preolímpico e as diferentes probas clasificatorias con duros adestramentos, nun intento desesperado de situarse entre os mellores loitadores do planeta.

O equipo de loita español presentará neste Mundial sénior un equipo moi competitivo, polo que as esperanzas de situar a algúns dos seus deportistas entre os presentes nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016 cada vez está máis cerca.

ÚLTIMOS RESULTADOS. O deportista vilalbés José Cuba participou recentemente no XXIV Memorial Waclawa Ziólkwskiego, que se celebrou na cidade polaca de Varsovia. Alí alcanzou unha meritoria sétima praza, tras vencer ao polaco Kosciolek e perder ante o ruso Kushknov.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios