David Mayoral, primeira incorporación do CD Lugo 2021/ 2022

O extremo, vello coñecido de Rubén Albés, chega cedido polo Cádiz
David Mayoral. CÁDIZ CF
photo_camera David Mayoral. CÁDIZ Cf

David Mayoral é a primeira incorporación do CD Lugo 2021/2022. O extremo dereito, nacido en Ávila hai 24 anos, chega cedido polo Cádiz, que este ano o tivo a préstamo no Hermannstadt de Romanía, onde coincidiu con Rubén Albés. E esta non era a primeira vez que os seus camiños converxían, posto que o actual adestrador branquivermello tamén o dirixiu no Valladolid B e no UCAM Murcia.

Esta tempada, Mayoral disputou 28 partidos, nos que anotou cinco goles e repartiu catro asistencias. O CD Lugo acelera con esta cesión a confección do persoal, tras as renovacións de Pita, Seoane, Xavi Torres e Canella. 

 

Comentarios