David Ansede logra a cuarta praza no Galego sub-21

David Ansede, a la izquierda. (aep)
photo_camera David Ansede, a la izquierda. (aep)

O deportista vilalbés da escola de taekwondo Moo Duk Kwan da capital chairega David Ansede participou por primeira vez nun campionato dentro da categoría sub-21, concretamente no Galego. O mozo chairego demostrou estar á altura da categoría a pesar da diferenza de idade, xa que finalizou nunha meritoria cuarta posición.

Ansede enfrontouse no seu primeiro combate a Alejandro Menduiña, o cal tivo que abandonar por lesión no primeiro asalto. Aínda así o taekwondista vilalbés soubo expor un bo combate e levaba un marcador a favor de 1-2 no momento do abandono do seu rival.

O seu seguinte rival foi Manuel Parada, que posteriormente se alzou co título galego neste peso. A pesar de ser un combate moi igualado, algúns erros de David Ansede en momentos puntuais da eliminatoria priváronlle de entrar na loita polas medallas, quedándose así na cuarta praza.

O deportista vilalbés continúa coa súa preparación para o próximo campionato de España de categoría júnior.

Comentarios