miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

Daniel Ochefu: "Son duro, capaz de defender e rebotear"

Daniel Ochefu, no Pazo. VITORIA RODRÍGUEZ
Daniel Ochefu, no Pazo. VITORIA RODRÍGUEZ

O internacional nixeriano móstrase disposto a achegar a súa "personalidade" na cancha

O internacional nixeriano Daniel Ochefu definiuse este venres na súa presentación co Cafés Candelas Breogán como un xogador "duro, capaz de defender e rebotear" e mostrouse disposto a achegar a súa "personalidade" na cancha.

O novo xogador breoganista procede dos Stockton Kings da G-League norteamericana, co que promediou 14,3 puntos e 8,8 rebotes en 39 partidos. "Son un xogador duro capaz de defender e rebotear e dar ao equipo o que necesite en cada momento", asegurou.

Daniel Ochefu formouse en Norteamérica e ten experiencia na NBA tras disputar 22 partidos cos Washington Wizards. "Estou afeito a ser importante nos equipos e tratarei de dar ao Breogán a miña personalidade na pista", indicou o pivote, que ten 25 anos e mide 2,11 metros.

Ochefu, que afronta a súa primeira experiencia en Europa, indicou que a española é "unha liga moi competitiva". "Era unha boa oportunidade para min e supón un reto nunha primeira liga europea", explicou en rolda de prensa.

O pivote confesou estar "expectante" por ver o ambiente no Pazo dos Deportes de Lugo e, ante o seu posible debut ante o Barcelona Lassa (depende de que a documentación está arranxada a tempo), considerou ese encontro como "un máis" a pesar de que é o líder da competición.

Daniel Ochefu: "Son duro, capaz de defender e rebotear"
Comentarios