Dani Mallo, primeira fichaxe do CD Lugo 2013-2014

Dani Mallo atrapa el balón durante el Girona-Mirandés de la pasada temporada (Foto: DIARI DE GIRONA)
photo_camera Dani Mallo atrapa el balón durante el Girona-Mirandés de la pasada temporada (Foto: DIARI DE GIRONA)

Dani Mallo converteuse este venres na primeira fichaxe confirmada de forma oficial polo CD Lugo para a tempada 2013-2014.

Segundo anunciou o club branquivermello, o xogador, que foi porteiro do Xirona, comprometeuse para as dúas próximas tempadas.

Mallo formouse no Deportivo da Coruña, co que chegou a xogar en Primeira División e na liga de Campións. A pasada tempada militou no Xirona, onde era capitán e no que se resaltou a súa importante contribución para que o equipo catalán disputase a fase de ascenso á máxima categoría do fútbol español.

Nacido o 25 de xaneiro de 1979 en Cambre, Mallo xogou tamén no Elxe, o Sporting de Braga e o Falkirk escocés. En Lugo, competirá pola titularidade con José Juan.

Éste é o primeiro movemento oficial que fai o CD Lugo no mercado de fichaxes. Aínda así, os rumores e as redes sociais apuntan outras fichaxes que aínda non foron confirmados, como Álvaro Peña, procedente do Athlétic de Bilbao. Hugo Álvarez e ata Isma López, quen estivo cedido no Lugo e volveu ao Athlétic.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios