Curro Torres: "Hai que seguir insistindo"

O técnico do CD Lugo lamenta os primeiros minutos do equipo e sinala que se deu un paso adiante en Vallecas
Curro Torres da instrucciones a sus jugadores. ADG MEDIA
photo_camera Curro Torres dá instrucións aos seus xogadores. ADG MEDIA

O técnico do Lugo, Curro Torres, lamentou a derrota deste mércores en Vallecas e especialmente a mala entrada no partido. "Houbo unha parte para cada equipo. Eles saíron moi fortes e non entendemos o que tiñamos que facer neses primeiros minutos. A raíz do gol non tivemos a fortuna de empatar na seguinte xogada, pero fomos crecendo e na segunda parte demos un paso adiante, pero hai que ratificalo en ocasións e máis chegadas. Demos un pequeno paso adiante, que non se reflicte no resultado", dixo.

O adestrador branquivermello insistiu en que agora o que toca é seguir traballando e recoñeceu que a primeira metade non foi boa e facilitáronselle as cousas ao rival. "Hai que seguir insistindo, que todo o que fabriquemos sexa cara á portería rival. Non puidemos acertar na acción de Manu Barreiro, pero o equipo entendeu moito mellor o que queremos, aínda que nese inicio nos equivocamos e démoslle certas ás a eles, o que lles facilitou as cousas", dixo.

Curro Torres tamén valorou a estrea de Hugo Rama. "É un xogador que leva moito tempo traballando, alegrámonos moito por el, era unha dos xogadores que podía ter a súa participación, aínda que entrou nun escenario complicado. Creo que nos vai a portar moitísimo", indicou.

A pesar de non marcar o seu equipo nos seus dous primeiros partidos co Lugo, Torres asegurou que confía no persoal e deixou claro que considera o Rayo un candidato ao ascenso. "O equipo fixo cousas boas pero faltounos ter máis chegada e verticalidade cara á portería contraria. Temos moi pronto outro partido e hai que traballar, correr, ser intensos e a partir de aí creo moito máis. Hoxe (por onte) xogamos ante un Rayo que sempre é candidato a todo", finalizou.

Comentarios