miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Curro Torres: "Sete minutos custáronnos os puntos"

Curro Torres, no Ángel Carro. EP
Curro Torres, no Ángel Carro. EP
O técnico do Lugo asegurou que non se pode regalar nin un segundo" a un rival como o Huesca, ante o que "competiron"

O adestrador do Lugo, Curro Torres, lamentou que o seu equipo tivese "sete minutos" aciagos para perder no Alcoraz ante un Huesca que ten "bos futbolistas". O técnico branquivermello celebrou que os seus xogadores fosen "competitivos" ante un rival que loita polo ascenso.

"O inicio da segunda parte custounos os tres puntos. Ata aí fixemos un bo partido. eles teñen bos futbolistas e fixéronnos sufrir sete minutos. Non podemos regalar nin un segundo a un equipo como este. Temos que mellorar iso", declarou o adestrador hispano-alemán.

"Temos que facer un bo fútbol os noventa minutos. Fixemos cousas boas, sobre todo no primeiro tempo, e temos que aprender diso. Non podemos repetir erros", asegurou. Curro Torres valorou o primeiro acto do seu equipo: "Tratamos de facer o noso traballo, ter identidade e un modelo, sobre todo no primeiro tempo, pero necesitamos sumar e ir avanzando".

"Demostrouse que podemos competir en calquera campo e ante calquera rival, pero hai que corrixir os detalles negativos que tivemos para poder mellorar", asegurou o preparador lucense. Sobre o plan de partido fronte ao Huesca,

Curro Torres indicou que "cando vimos a aliñación pensamos que podía pasar o que pasou. Intentamos de contrarrestar ao rival. Saímos ben, fixemos unha boa primeira parte, pero non foi suficiente para puntuar".

MÍCHEL. O preparador do Huesca, Miguel Ángel Sánchez Muñoz, Míchel, afirmou: "Temos que admitir que na primeira parte o Lugo foi mellor, porque xogando con dúas puntas non fomos capaces de roubar en campo rival. Na segunda démoslle a volta ao marcador".

Álex López cre que o Lugo debeu puntuar
O centrocampista do Lugo Álex López foi autocrítico co partido do seu equipo e, aínda que indicou que realizaron un encontro "completo" destacou que non estiveron "ben" en dez "minutos que nos mataron". "Fixemos un partido completo, pero dez minutos acabáronnos matando. Non estivemos ben e déronlle a volta ao partido", declarou o futbolista cedido polo Espanyol.

"Tratamos de ser valentes, presionar e ter o balón, pero non estivemos ben neses dez minutos e metéronnos os dous goles que nos derrotaron", insistiu López. "Estamos tocados porque sabiamos que podiamos puntuar. Sabiamos que adiantándonos no marcador podiamos sacar polo menos un empate".

O centrocampista catalán falou sobre o que lles pide Curro Torres. "O míster é valente e pídenos que cosas para as que estamos preparados. Temos xogadores para facer o que el quere facer. Poremos todo o que estea na nosa man para que o Lugo siga en Segunda".

Curro Torres: "Sete minutos custáronnos os puntos"