O Cros Ponche Romana cambia de datas e trasládase a novembro

A proba estaba prevista para o 21 e 22 de xaneiro
Adrián Ben, durante el Cross Ponte Romana de 2022. SEBAS SENANDE
photo_camera Adrián Ben, durante el Cross Ponte Romana de 2022. SEBAS SENANDE

Vina edición do Cross Ponte Romana Lugo cambia de datas. A organización, a través dun comunicado nas súas redes sociais, informa de que a proba, inicialmente prevista para o fin de semana do 21 e 22 de xaneiro, trasládase ao 4 e 5 de novembro. 

O motivo, segundo explican, é "evitar conflitos de calendario en xaneiro e situar o evento ao comezo da tempada de cros". 

"Sentimos non habelo comunicado antes pero, a pesar de que esta posibilidade foi exposta hai semanas, non tivemos confirmación da nova data ata onte mesmo", indica a organización.

A proba ía render homenaxe nesta edición a Alessandra Aguilar, a mellor atleta lucense de todos os tempos e unha das mellores especialistas de campo a través.

Comentarios