Prometía ser un dos culebróns do verán en Lugo, pero quedou nun capítulo máis dos rumores estivais grazas á capacidade de convencemento de Eloy Jiménez. O técnico de Hellín foi quen axudou a Cristian Herrera a facer oídos xordos dos cantos de sirena que chegaban desde As Palmas para que quedase goleando no Ángel Carro unha tempada máis.
"Quedarme foi unha decisión que me axudou a tomar o míster, porque hai moi boa sintonía con el. O adestrador sempre nos fala a todos os xogadores por igual e iso é positivo para o grupo", valorou a punta grancanario, que permanecerá no equipo na campaña que se aveciña.
Coa chegada de Carlos Castro, a irrupción do dianteiro do Polvorín Antón Escobar
"Este ano seguirei nun rol similar ao do ano pasado. Intentarei axudar con moitos goles xa acerto e afronto este próximo ano con moita ilusión", asegurou sobre o seu posto sobre o céspede na 2019-2020.
Para poder completar unha boa campaña en Segunda División, Cristian considera que o equipo deberá facerse forte en casa. "A clave de cara á tempada que xa chega será facer do Ángel Carro un fortín, traballar todos por igual e sempre xuntos cara a un mesmo obxectivo en cada adestramento e en cada partido. O noso reto será lograr a permanencia para que o Lugo siga en Segunda un ano máis".