O Bilbao Basket busca fórmulas para resarcir o importe das entradas

O Breogán sente "perxudicado" polo adiamento do partido en Miribilla por un problema no reloxo de posesión
Kacinas y Lukovic saludan a la afición desplazada a Miribilla. MIGUEL TOÑA
photo_camera Kacinas y Lukovic saludan a la afición desplazada a Miribilla. MIGUEL TOÑA

O Bilbao Basket estuda fórmulas para devolver o importe das entradas do partido ante o Río Breogán, suspendido este domingo por un problema no reloxo de posesión, a aqueles que as compraron, unhas 400 persoas, segundo informa El Correo citando fontes do club vasco.

Sería, polo menos, un pequeno alivio para as decenas de afeccionados desprazados desde Lugo e que quedaron sen ver o partido por unha decisión exclusiva da Liga ACB. 

Desde o club lucense, o seu director deportivo, Tito Díaz, insistiu este luns en que o Breogán se sente "perxudicado". "Estabamos alí para xogar, agora imos estar tres semanas sen competir e había uns 500 afeccionados que foron alí connosco", enumeraba Díaz en declaracións á TVG. Nesta mesma liña pronunciouse o domingo o club e tamén Erik Quintela 

ESCENARIOS POSIBLES. A pesar da reincidencia de problemas co reloxo de posesión en Miribilla non parece probable que o xuíz único de competición dea o partido por perdido ao Surne Bilbao por moito que o regulamento contemple esa posibilidade. 

Cando se suspendeu en 2018 o Breogán-Joventut por un problema no marcador do Pazo tampouco se lle deu o partido por perdido aos lucenses. O encontro repetiuse, pero o Breogán, iso si, tivo que facerse cargo dos gastos de arbitraxe e de desprazamento do conxunto badalonés. 

Comentarios