Coa xema dos dedos

Ensino_01E8120.JPG
photo_camera Ensino_01E8120.JPG

O Durán Maquinaria Ensino disputou este venres no Pazo dos Deportes de Lugo un derbi en toda regra contra o Pío XII de Santiago. Loita sen cuartel na pista, emoción ata o último minuto e fervor nas bancadas foron os ingredientes que conformaron o partido de rivalidade galega.  Iso si, a procura do triunfo foi tan intensa que ningún dos dous equipos mostrou a súa mellor versión, senón que os erros por ambas as partes foron numerosos. Pero as compostelás foron as que levaron o gato á auga ao final, logrando unha vitoria por 67-72.

No minuto 37 e logo de ir a remolque durante todo o encontro, o Ensino logrou porse por diante no marcador (58-57) grazas a un triplo de Mireia Navarrete. Comezou entón un duelo de canastras de tres puntos, xa que a ex ensinista Míriam Herrera respondeu con outra, Regina Gómez volveu pór ao seu equipo por diante a dous minutos da conclusión (63-61), pero Isabel Suárez e Lida Mirchandani, perigosas desde a liña exterior, con dúas consecutivas puxeron o 63-67 no luminoso (m.39). De aí ao final, malas decisións locais en forma de faltas persoais propiciaron que as de Santiago levasen o triunfo á capital galega.

+ INFO na edición impresa de El Progreso este sábado

Comentarios