Coa vista xa no ano que vén

ELP0406P56F3-001.JPG
photo_camera ELP0406P56F3-001.JPG

A décimo terceira edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós Larsa que organiza a concellería de Deportes do Concello de Lugo xa é historia para as categorías inferiores, que puxeron o punto final cunha combianda de carreiras e saltos que se disputou o pasado domingo nas pistas da Cidade Cultural de Lugo. O bo tempo axudou a que a convocatoria fose un éxito total. Centos de nenos gozaron do día mentres os seus familiares observábanos desde as bancadas.

Oito probas formaron a presente edición do Corre con Nós. O circuíto arrincou o 25 de novembro de 2012 coa disputa da proba nas pistas do Gregorio Pérez Rivera. O 15 de decembro a carreira disputouse no polígono das Gándaras. A Praza Maior acolleu o 2 de febreiro de 2013 a nocturna de Reis, mentres que o 17 de febreiro a competición trasladouse á Avenida Infanta Elena.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios