Coa vitoria no punto de mira

ADE2002P85F1-001.JPG
photo_camera ADE2002P85F1-001.JPG

Julio Rivas acaba de gañar oito medallas no Nacional de armas deportivas e xa prepara o próximo campionato de España, antesala do Mundial que se celebrará en Granada en 2014. O tirador personifica o alto nivel que posúe Lugo nesta disciplina deportiva.

en plena tempada de recollida de cogomelos hai persoas que prefiren colleitar outro tipo de cousas. Medallas, por exemplo. Non hai moita xente que poida presumir de tal costume, pero un deles é Julio Rivas, que hai apenas un mes terminou o campionato de España de armas deportivas nin máis nin menos que con oito metais.

O tirador lucense é o mellor exemplo da fenomenal saúde que vive o tiro na cidade, punteira en Galicia. E non porque o diga fulanito ou menganito, senón porque os números falan claramente por si sos. Dos 22 integrantes do equipo galego que viaxaron a Logroño ao campionato de España de novas promesas, 18 pertencían á delegación de Lugo. Conseguiron seis medallas. ¿Casualidade? Desde logo que non.

AXUDAS
Rivas cre que o tirador está só ante a federación

Julio Rivas cre que, na actualidade, a Federación Galega de Tiro pon moitas trabas aos tiradores: «Desde a decisión de dotar ás federacións de total autonomía, os deportistas non temos en quen ampararnos en caso de notar que se produce algunha inxustiza. A única solución é saír e inscribirte noutra federación. Xa hai xente que se foi a Asturias, ou a outro lado, Con todo, a maioría seguimos aguantando», explica. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios