Compás de espera no Azkar

Mis imágenes1.jpg
photo_camera Mis imágenes1.jpg

Valoracións positivas, esforzo común de cara ao final da tempada, pero posturas afastadas. Así pode interpretarse a reunión que o corpo técnico, o persoal do Azkar Lugo e varios membros da xunta directiva encabezados polo presidente, Manuel Vázquez, mantiveron onte no Centro Deportivo Terra. Tratáronse, sobre todo, os problemas de falta de pagamentos que lanzou á luz pública o pasado xoves na rolda de prensa previa ao partido ligueiro de Jumilla o adestrador, Diego Ríos.

A reunión estaba prevista para as 19.00 horas no Palacio Municipal dos Deportes, aínda que finalmente os protagonistas desprazáronse ata o Terra e alí estiveron durante case dúas horas.

Primeiro reuníronse por separado Manuel Vázquez e Diego Ríos. Esta reunión desenvolveuse nun ton moi cordial e as dúas partes quedaron en que nos próximos días ou semanas haberá máis para concretar a situación do adestrador dentro da entidade. Diego Ríos termina contrato o próximo día 31 de xullo e todo apunta a que non seguirá no Azkar Lugo.

AMIGABLE
O Azkar descansa na liga e xogará ante a selección de Xapón

O Azkar Lugo non xogará este fin de semana na liga de Primeira División de fútbol sala, xa que lle corresponde descansar, pero si o fará o domingo, a partir das 12.00 horas, nun partido amigable fronte á selección de Xapón, que dirixe o español Miguel Rodrigo. A xira que realiza por diferentes cidades de España sérvelle ao combinado nipón como preparación para o próximo campionato de Asia, que se disputará entre o 28 de abril e 11 de maio en Vietnam, e onde é favorito. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios