Cita coa historia en Burela: a depresión deixa paso hoxe á ilusión

O Pescados Rubén Burela FS cambia o chip das súas seis derrotas consecutivas na Liga para afrontar este martes unha semifinal histórica da Copa do Rei. O Vista Alegre vestirá as súas mellores galas ante o Magna
Iago Míguez, en un partido ante el Magna
photo_camera Iago Míguez, en un partido ante el Magna

O Pescados Rubén Burela FS cambia o chip para afrontar este martes unha das citas máis transcendentais da súa historia, a partir das 21.00 horas, no pavillón Vista Alegre. A depresión que está a supor a liga, con seis derrotas consecutivas, deixa paso á ilusión que provoca a Copa do Rei, cun partido histórico das semifinais do campionato ante o Magna Gurpea, no que os mariñáns intentarán conseguir un bo resultado para viaxar con garantías á volta, que terá lugar a próxima semana na cancha navarra.

O equipo que visita este martes pola noite o Vista Alegre é un dos que peor se lle dan historicamente ao Burela FS, que nunca foi capaz de gañarlle en competición oficial. Co obxectivo de cambiar as estatísticas e coa esperanza de facelo arroupados por numeroso público afrontan este martes os mariñáns un dos partidos máis importantes da tempada, cunha final nacional no horizonte.

O adestrador laranxa, Daniel Ibañes, continúa con problemas de efectivos debido ás numerosas baixas. Non poderán xogar os lesionados Edu, Bellvert e Cuco, mentres que Chano continúa lastrado polos seus problemas físicos e tampouco Antoñito está a xogar en plenitude de condicións. O técnico volve incluír na lista aos mozos Renato e Cora, "que están a competir de marabilla", segundo o propio preparador, e que poderían ter minutos, como nos últimos partidos.

Un rival maldito O equipo mariñán non sabe o que é gañar aos navarros en competición oficial



O adestrador do conxunto mariñán trata de evadirse da liga para pór os cinco sentidos no partido deste martes. "É certo que a liga non está a ir ben e a clasificación complicóusenos, pero en Palma o equipo deu a cara e debe saír reforzado. Ademais, o partido deste martes ten o suficiente interese como para illarnos de todo o demais ata que pase", afirmou Daniel, que ten moi claro cal é o método para poder conseguir un bo resultado. "Este equipo ten que correr, traballar e pelexar os 40 minutos. Estamos ante unha oportunidade histórica de gañarlle por vez primeira ao Xota e tamén de entrar nunha final da Copa do Rei, polo que ninguén necesita motivación".

O técnico hispano-brasileiro insiste en que o partido deste martes "pode pasarlle unha vez na vida" a moitos xogadores e incluso ao mesmo, como adestrador. "Temos que saír a pista e dalo todo. Non existe a liga, nin o Inter. Só hai que estar 40 minutos a lume de biqueira de concentración e non baixar o pistón en ningún momento", sinala Daniel, que ve fundamental non desconectarse vaia como vaia o marcador. "É un encontro de 80 minutos, somos un equipo con problemas para marcar goles e non debemos virnos abaixo en ningún momento porque remontar sería moi complicado. Hai que intentar levar un bo marcador para a volta", sinala o técnico, que asinaría "calquera resultado favorable, aínda que sexa por un só gol, 1-0 ou 2-1 estaría ben".

Respecto ao rival, Daniel comentou que "é un equipo que defende cunha intensidade brutal e que sabe competir moi ben; non adoita dar facilidades a ninguén".

AFICIÓN. Para rematar, o adestrador do Burela FS tamén fixo un chamamento á afección. "Igual que pasa connosco, tamén a afección está ante a posibilidade de ver un partido que talvez non volva ver nunca. Confiamos en que o Vista Alegre nos axude unha vez máis", concluíu.

Comentarios