viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Christian Díaz renova por unha terceira tempada no Breogán

Christian Díaz. AEP
Christian Díaz. AEP

O base foi un dos heroes do ascenso á liga ACB

O base canario Christian Díaz renovou co Leche Río Breogán por unha tempada máis.

Con esta campaña, o xogador inicia o seu terceiro ano no conxunto celeste. Díaz foi un dos heroes do ascenso á liga ACB hai dúas tempadas, un obxectivo que o club lucense volve ter esta tempada.

O anuncio da renovación chega un día despois das declaracións de Salva Arco nas que manifestaba sentirse "doído" co Breogán xa que non contactaran co para falar da próxima campaña.

Christian Díaz renova por unha terceira tempada no Breogán
Comentarios