Chris Ramos: "O Lugo é un club para crecer, para alguén con fame de fútbol"

O xogador gaditano, que a tempada pasada militou en Segunda B co Badaxoz, explicou que aprendeu "moito" no conxunto pacense
Presentación de Chris Ramos. CD LUGO
photo_camera Presentación de Chris Ramos. CD LUGO

O dianteiro do Valladolid Chris Ramos explicou este mércores, na súa presentación co Lugo, que chega a un equipo que lle permitirá "crecer" esta tempada, na que vestirá de branquivermello cedido polo conxunto valisoletano.

"No momento no que souben do interese do Lugo, non mo pensei. é un club para crecer, con bo ambiente, e un bo lugar para alguén con fame de fútbol", comentou nunha rolda de prensa telemática.

O xogador gaditano, que a tempada pasada militou en Segunda B co Badaxoz, explicou que aprendeu "moito" no conxunto pacense e considerouse un futbolista "rápido, versátil, que vai ben aos espazos" e que pode xogar en todas as posicións da fronte de ataque.

Ramos explicou que nos seus primeiros días no Lugo deuse conta "rapidamente da calidade humana dos compañeiros" que ten.

O secretario técnico do Lugo, Manolo Mandiá, explicou que o club ten "moitas esperanzas postas" en Chris Ramos e desexou que faga unha tempada fantástica".

Comentarios