Chris Ramos: "O agarimo que me deron foi importante para decidirme"

Chris Ramos seguirá no Lugo durante tres tempadas
Chris Ramos. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Chris Ramos. VITORIA RODRÍGUEZ

O dianteiro Chris Ramos regresou ao Lugo, esta vez en propiedade, e recoñeceu que o vestiario e o "agarimo" que lle brindaron foi "importante" para decidirse pola oferta da entidade branquivermella tras terse desvinculado do Valladolid.

"Estou moi feliz de volver aquí, de volver a casa. O ano pasado cheguei en calidade de cedido, sentínme moi cómodo desde o primeiro momento con cada un dos membros do club, o vestiario é boísimo e foi unha das cousas polas que volvín. Ademais, é un club no que seguir formándome e crecendo", expuxo nunha rolda de prensa telemática.

Ramos afirmou que se atopa "bastante cómodo en todas as posicións de ataque" e dixo que "a confianza" que lle deron tanto o director deportivo, Mauro Pérez, como o presidente do equipo, Tino Saqués; o técnico, Rubén Albés; e os compañeiros foi clave."Estaban a escribirme para que viñese, pera que non o pensase. Esa confianza e o agarimo que me deron para que estivese aquí foron moi importantes á hora de tomar a decisión", comentou.

Ramos afirmou que se atopa "bastante cómodo en todas as posicións de ataque", nas que terá a competencia de David Mayoral

Nas posicións de ataque, terá a competencia de David Mayoral, ao que xa coñecía das categorías inferiores do Valladolid. "É un gran xogador, un gran compañeiro e estao facendo fenomenal. É moi rápido, tecnicamente moi bo, pódeche dar moito", declarou.

O sábado, o equipo mediuse nun amigable ao Oviedo (1-1), co que se enfrontará na primeira xornada de LaLiga SmartBank."O de Oviedo non foi un amigable, o adestrador díxonos que era o primeiro rival de Liga e que de amigable non tiña nada, fixémolo o mellor que puidemos. Hai moitas cousas que mellorar pero tamén fixemos moitas cousas ben", comentou.

Comentarios